Si quieres ver lo que contamos en castellano Click aquí

@s voluntas son o motor do grupo

 

Toda actividade, reunión, comunicados e demáis labores precisan dunha organización previa (como acordar fechas, conseguir materiais, cubrir os gastos, promover as actividades polas rúas...). Para iso varias persoas integrantes do grupo se ofrecen voluntariamente a desenvolver algún rol, é dicir, responsabilízanse dalgunha labor para así repartirse o traballo e facer que o grupo flúa. Estes roles son diversos, incluso poden crearse máis fóra dos xa existentes (se se vos ocorre algunha labor que creades útil para o grupo e que che interese desenvolver). Así mesmo @ responsable de cada sección adicaralle o tempo que poida aportar, todo o que se faga por mínimo que pareza suma!

 

Antes de nada amosarvos os  acordos grupais que temos no grupo para poder interaccionar e que o ambiente resulte do máis san.

A continuación deixamos os roles cubertos por agora e aqueles que están vacantes (é dicir, que precisan de quen se responsabilice neles). Dicirvos que pode haber máis de unha persoa por sección. Explorade a que ámbitos credes que resultades máis afíns e onde considerades que podedes aportar algún gran de area. Sodes benvid@s!

 

  • Coordinación

    • Mariló

    • Celia

    • Xestionan a organización do grupo. Manteñen a comunicación coa oficina central de Madrid.

    • Grande tempo de adicación (segundo o número de persoas e como repartan as responsabilidades).

    • Búscase renovar periodicamente ás persoas responsables para evitar a sobrecarga d@s voluntas e así renovar perspectivas.

    • Ques ser coordinador@?

  • Tesourería

    • Serafín
    • Leva a contabilidade do grupo (gastos). Garda as facturas, tickets de compra de material, viaxes a actividades etc.
  • Guías

    • Manolo
    • Responsable de novas persoas interesadas. Responden así ás súas dúbidas, acompáñanas durante as primeiras semanas na Greenwire e realizan reunións de benvida.
    • Interésanos especialmente ter máis voluntas nesta labor!
  • Redes

    • Instagram: Sara
    • Youtube: Celia
    • Facebook: Vacante!
    • Twitter: Vacante!
    • Manter informada á poboación acerca das campañas, noticias e outros datos relativos tanto a Greenpeace España coma ao noso grupo local.
  • Grupo Violeta

    • Bego
    • Adriana
      • Grupo de traballo composto por integrantes da Rede de Voluntariado de Greenpeace. Xunto co Equipo de Xénero de GPE participan activamente no deseño e implementación de medidas que incorporen o enfoque de xénero.
  • Educación

    • Sara, Adriana, e Maruxa
    • Imparten charlas formativas.
    • Precísanse de coñecementos de Greenpeace, medio ambiente e ferramentas ofimáticas como Power Point ou plataformas dixitais para elaboracións expositiva coma Canva.
  • Portavocías

    • Vili e Bego
    • Precísase de formación específica do staff. Son voluntas que se encargan de falar coa prensa.
  • Incidencia política

    • Vacante! Precísase alguén que se una a este equipo. Proporciónase formacións sobre incidencia.
    • Trátase de contactar con grupos políticos a nivel local.