HAZ POR VIGO: Programación

HAZ POR VIGO

Begoña Vila
Begoña Vila

HAZ POR VIGO

Haz Vigo programaciónO grupo local de Greenpeace en Pontevedra organiza unha nova edición do HAZ, un evento que ten como obxectivo combater as compras innecesarias e masivas con accións máis respectuosas co medio ambiente como crear, compartir, intercambiar ou arranxar.

A nova edición do HAZ en Vigo dará comezo o venres 18 de decembro nas instalacións de AULA D, na Rúa Elduayen e que rematarán o sábado 19.

Todos os obradoiros e charlas van ser gravadas e colgadas neste espazo da Greenwire. Ademais, algunhas delas se emitirán en directo a través do Facebook de Greenpeace Galicia. Estade atentas e atentos ao noso Facebook para ver cales van ser! Iremos informando!

 

Esta é a programación deste ano:

VENRES 18 (tarde)

  • 17h00 - 19h00: Mantemento e reparación básica da bicicleta (AGDP). PRAZAS ESGOTADAS.
  • 17h30 - 18h30: Como podes consumir a túa propia enerxía limpa? (Nosa Enerxía).
  • 17h30 - 18h30: Contacontos "Os nosos bosques" (Miudiño S.Coop.Galega).
  • 18h30 - 19h30: Composteiros urbáns (GP Galicia).
  • 20h00 - 21h00: As ameazas dos fondos da ría e o noso papel para cambialas. Un percorrido visual pola situación do mar (13 GRADOS).

SÁBADO 19 (mañá)

  • 10h00 - 11h00: Electricidade: como cambiar un interruptor (GP Galicia).
  • 10h30 - 12h00: Cociña: empanada de millo (Julián Sio - O Muiño da Espelta). PRAZAS ESGOTADAS.
  • 11h00 - 12h00: Contacontos solidario (AIDA Books).
  • 12h00 - 13h00: Reciclaxe de lixo electrónico (RetroGalaicos).

SÁBADO 19 (tarde)

  • 16h30 - 18h30: Mantemento e reparación básica da bicicleta (AGDP). PRAZAS ESGOTADAS.
  • 17h00 - 18h00: Moda sustentable galega: xuntas por un téxtil máis ético! (FENTO).
  • 17h00 - 19h00: Economía circular e soberanía alimentaria (Epona Terra e A Sabia).
  • 18h00 - 19h00: A produción sostíbel en téxtil e complementos. A experiencia india de Oxfam Intermón (OI).
  • 19h00 - 20h00: Elaboración de xabóns e aproveitamento no fogar (Zeltia e Marga). PRAZAS ESGOTADAS.
  • 20h00 - 21h00: #REinventa_Vigo (GP Galicia).

VENRES e SÁBADO

  • Exposición RetroGalaicos.
  • Exposición e proxección 13 GRADOS.
  • Na sala de audiovisuais haberá unha proxección con fotos e vídeos cas accións de Greenpeace e en especial das do GL Pontevedra.

 

Podedes inscribirvos aos obradoiros de dous xeitos:

Contamos ca vosa presencia!

GL Pontevedra

Haz Vigo programación