Coñece o GL de Pontevedra
O grupo local de Pontevedra está formado por voluntarias e voluntarios de varios lugares da provincia, principalmente das cidades de Pontevedra, Vigo, Vilagarcía de Arousa e vilas de arredor. Tamén acollemos a voluntas que viven en áreas próximas, onde non hai un grupo local establecido. Reunímonos mensualmente online, aínda que nos gusta moito vernos en persoa e intentamos facelo periodicamente. Ademais somos moi activas e participamos en varias accións e actividades ao longo do ano.

Estes son os nosos acordos grupais, aos que chegamos entre todas para relacionarnos entre nós e que o ambiente resulte do máis san.
Varias persoas integrantes do grupo ofrecémonos voluntariamente para desenvolver algún rol, é dicir, para responsabilizarnos dalgún labor e repartirnos o traballo. Se ademais de entrar a formar parte do grupo, hai algún rol específico (xa ocupado ou de nova creación) que che interese especialmente, non dubides en comunicárnolo, estamos encantadas de acoller voluntas con ideas novas e con moitas ganas!
Presentámosvos os roles que a día de hoxe están cubertos e vacantes. Pode haber máis dunha persoa por sección e intentamos que todos os roles sexan rotativos de xeito periódico, para evitar a sobrecarga e renovar perspectivas:
Coordinación (Sabela e Sara)
- Xestionan a organización do grupo. Comunícanse coa oficina central e o resto de coordis de España. Manteñen ao grupo informado das próximas actividades e convocan as reunións mensuais.
Tesourería (Manolo)
- Levan a contabilidade do grupo. As súas funcións principais son o control de gastos e a xestión mensual dos cartos asignados ao grupo local.
Guías (Maruxa)
- Responsables da acollida de novas voluntarias no grupo local. Responden ás súas dúbidas, acompáñanas durante as primeiras semanas na Greenwire e realizan reunións de benvida. (Formación Básica de Voluntariado en Greenpeace)
Redes: Instagram (Mariló), Facebook (Mariló), Youtube (Celia), outras redes (vacante)
- Comparten información nas redes sociais sobre as campañas, noticias de interese, actividades do grupo… Publican posts/stories periódicamente e interactúan con outras organizacións.
- Precísanse novas voluntas que estean interesadas nas redes sociais e lles motive levar a cabo este rol.
Portavocías (Bego)
- Son as voluntas encargadas de falar con medios e prensa. Precísase de formación específica (impartida polo staff de Greenpeace).
Tradución (Antía)
- Encárgase de revisar os textos que compartimos dende as redes de GP Galicia e axuda na tradución ao galego dos textos oficiais que nos envían dende a central.
Incidencia política (vacante)
- As súas funcións baséanse en contactar con grupos políticos a nivel local. Precísase de formación específica (impartida polo staff de Greenpeace).
Grupo Violeta (Bego, Adriana)
- Grupo de traballo composto por integrantes da Rede de Voluntariado de Greenpeace. Xunto co Equipo de Xénero de GPE participan activamente no deseño e implementación de medidas que incorporen o enfoque de xénero.
Rede de educación (Adriana, Sara, Antía)
- Imparten charlas formativas en escolas e centros de formación/sociais.
- Precísanse coñecementos sobre as campañas de Greenpeace, medio ambiente e ferramentas ofimáticas como Power Point ou Canva.