Lugar: Estrada de Bembrive, 344 (Vigo) (enlace á ubicación)
Horario: Domingo 7 de xuño ás 10:30h
Actividade prevista:
Roteiro polo río Eifonso e os seus arredores, guiada por membros da asociación Bembrive en Pé. Partirá da Estrada de Bembrive, 344 ás 10:30 horas do domingo 7 de xuño. Os participantes terán a oportunidade de gozar da natureza neste entorno e tomar conciencia do seu valor e das ameazas ás que se enfronta. Greenpeace contará coa colaboración de Ecoloxistas en Acción.
Esta camiñada forma parte da semana de acción convocada pola Alianza para a Restauración da Natureza, cuxo manifesto foi apoiado por máis de 175 organizacións, entre elas Greenpeace. O seu obxectivo é que o Goberno de España, co apoio dos gobernos autonómicos, desenvolva un ambicioso plan de restauración da natureza.
Para participar, lembra anotarte no seguinte formulario: https://forms.gle/H1pLCvifSC2f4LQx9
#ANaturezaLevántase #LaNaturalezaSeLevanta