O 10 de setembro do 1996, hai 30 anos atrás, ocorreu unha catástrofe no noso litoral: o derrubamento do vertedoiro de Bens.
Dende Greenpeace non só non esquecemos, senón que actuamos; por iso o vindeiro 12 de setembro organizamos unha xornada de recollida de lixo na praia de Bens, actuando así contra os refugallos que acaban no litoral e reivindicando o problema dos plásticos no mar, no planeta.
Ademais, coñeceremos máis de preto a historia do derrubamento e o seu impacto na zona, o problema dos plásticos e súa contaminación e, para rematar, faremos unha auditoría para cualificar os tipos de residuos que atopemos.
Lembra:
🗓️ O sábado 12 de setembro de 2026
⌛️De 11:00 a 14:00
📍 Praia de Bens (inicio da praia).
🚍 Aparcadoiro e bus 6A cerca.
🧤 Se tes, leva as túas luvas.
✏️ Apúntate para saber que contamos contigo!
Podes facelo no QR ou neste link:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSes0YhW1mMKq9XImXcQOuReRkJyQOUdjA-lYCZbp5H5jopkZw/viewform
E ti, actúas con nós?
LIMPEZA da PRAIA de BENS
María Nieves
in group Greenpeace A Coruña
Fecha de evento
12 Septiembre 2026 11:00 - 14:00
Lugar del evento
Praia de Bens - A Coruña
• gl, ES, 15011, Praia de Bens
Comparte esta página